As ferramentas específicas de proxectos teñen por obxectivo incrementar a utilidade de ARouSA e facilitar a interacción con outras aplicacións informáticas, así como cos sistemas de recollida e tratamento de datos doutros proxectos. Na presente versión inclúense catro ferramentas específicas de proxectos. Na ferramenta "Cota" foi incluída unha nova utilidade denominada "Nivel Mareal Equivalente", que permite corrixir os resultados de "Cota" en casos en que a carreira de marea se atopa modificada.