Os resultados do cálculo de stocks realizado pola aplicación ARouSA inclúen a distribución de tallas da poboación, en termos de densidade e biomasa por unidade de superficie (ind/m² e g/m²) no momento en que foron realizadas as mostraxes. A evolución desta distribución de tallas no tempo pode ser estimada na medida en que se coñezan a ecuación de crecemento e as taxas de mortalidade á que estará sometida a poboación. Aplicando a regresión talla – peso máis axeitada entre as incluídas nun catálogo de regresións, é posible estimar , igualmente, a evolución do stock en termos de peso (g/m² e kg totais na área). A ferramenta complementaria “Evolución de poboacións” permite realizar estas estimacións.
Un catálogo de ecuacións de crecemento que pode ser ampliado polo usuario, facilita a asignación de ecuacións ó modelo.
Os resultados son recollidos nun informe que contén unha cabeceira identificativa da mostraxe orixinal, os datos orixinais, os parámetros empregados no modelo e os resultados en forma gráfico e numérica. Ademais, no informe amósanse os valores correspondentes á estrutura de tallas esperada.
Na carpeta "Documentación" pode atopar esta información ampliada e en formato pdf.