Poden ser importados dous tipos de datos: datos das tallas individuais de tódolos exemplares atopados en cada unha das mostras, ou ben datos de frecuencias absolutas, é dicir, número de individuos de cada clase da talla atopados en cada mostra. A aplicación só recoñecerá os datos importados conforme ó formato de diferentes planillas específicas para as distintas análises a realizar.
O contido dun arquivo de datos recolle os datos correspondentes a unha mostraxe realizada nunha unidade espacial, de xeito que para cada unidade espacial existirán tantos arquivos como campañas de mostraxe. Entenderase por unidade espacial o total da área de estudio, sempre que non se estableceran subdivisións ou estratos dentro dela. Neste caso, a unidade espacial sería cada un dos estratos definidos.
Limitacións dos cálculos
As análises non estratificadas admiten un máximo de 80 mostras por área estudiada. Na análise para bancos estratificados poden incluírse ata un máximo de 8 estratos con 80 muestras en cada uno de ellos.
As análises poden ser realizadas para un total de 11 especies, cun máximo de 2000 exemplares ou datos de talla por cada mostra, no caso da introdución de datos individuais. Se a entrada de datos se realiza no formato de frecuencias de talla os cálculos están limitados a un máximo de 40 clases de talla.
Na carpeta "Documentación" pode atopar esta información ampliada e en formato pdf.