A estrutura dos tamaños dos exemplares capturados nunha poboación é unha información imprescindible na xestión da explotación dos recursos e no cálculo de diferentes parámetros como a taxa de mortalidade por pesca.Unha vez que as capturas de tódalas unidade de pesca son agrupadas e o conxunto é clasificado en categorías segundo o seu tamaño ou calquera outro parámetro, o procedemento de control de tamaños pode resultar sesgado se non se ten en conta a importancia de cada categoría no conxunto da poboación.
A ferramenta “Control de tamaños. Clasificadas” permite ponderar os resultados dos controis de tamaño realizados en diferentes categorías de clasificación das capturas, para obter unha estrutura de tamaños representativo do total das capturas, tendo en conta a importancia relativa de cada categoría. Os resultados obtidos son expostos en forma dun breve resumo que contén a estructura de tamaños da poboación capturada, en termos de lonxitude ou de peso, así como o tamaño medio e a porcentaxe de exemplares que non acadan un determinado tamaño.
Os datos de control de tamaños serán recollidos empregando o formulario estándar “Planilla_Control_Tamaños.xls” dispoñible en “C:/arousa/datos/controis_talla” e tamén válido para capturas non clasificadas.
INFORME DE RESULTADOS DE
CONTROL DE TAMAÑOS