ARouSA_OO é a versión de ARouSA para OpenOffice 3.1.
Debido a que a linguaxe de Excel/BVA non é directamente convertible a Calc/Star Basic, a conversión irase realizando, na medida das posibilidades, de xeito paulatino. Na conversión respectarase a mecánica de funcionamento da versión para Excel, de xeito que o manual de ARouSA permanecerá vixente, coa salvedade do formato de gardado dos arquivos, que variará a medida que se avance na conversión.
Ata o momento están convertidas as planilla de datos de tallas individuais (Datos_planilla_ind.xls) e de frecuencia de tallas (Datos_planilla_frec.xls). Os arquivos equivalentes son Datos_planilla_ind_OO.ods e Datos_planilla_frec_OO.ods. Estas planillas poden ser abertas en Calc (OO 3.1). As limitacións e capicidade das planillas son as mesmas que na versión para Excel. A macro asociada ó botón "Actualizar especies" foi convertida a Star Basic e permite, igualmente, modificar o nome das especies e das follas nas que se gardan os seus datos.
Unha vez completada a planilla ha de ser gardada con outro nome para conservar esta intacta. Mentras non se complete a transposición de ARouSA a Open Office (ARouSA_OO), as planillas, unha vez rematada a introdución de datos, deben ser gardadas como arquivos Microsoft Excel 97/2000/XP (.xls) para ser empregadas en ARouSA. Unha vez gardado con ese formato o botón "Actualizar especies" perderá a súa funcionalidade.
Na páxina "Descargas e condicións de uso" pode descargar os arquivos para OpenOffice.
Agradécese o envío de suxerencias e informe de erros a arousa2009@gmail.com