Esta opción da ferramenta "Regresión talla - peso" permite comparar dúas ecuacións do catálogo de regresións. Para a comparación das relacións empréganse dous procedementos diferentes. O primeiro consiste no test de comparación de pendentes (Fowler e Cohen, 1994) das rectas que relacionan o logaritmo da talla e o logaritmo do peso. O segundo procedemento de comparación realízase exclusivamente no rango de tallas común ás dúas ecuacións. Este procedemento analiza os pesos obtidos con cada unha das regresións para dez valores de talla distribuídos de forma regular dentro do rango comparado.
Na carpeta "Documentación" pode atopar esta información ampliada e en formato pdf.