Galego

Nesta páxina poderás acceder ás citas de Nelson Mandela traducidas ao galego, para poder traballar cos teus alunos.

Ao igual que en inglés, as citas organízanse en seis grupos:

Educación

Persoa

Os outros

Loita

Sociedade

Mundo

Fai clic sobre unha das palabras anteriores para abrir a páxina coas citas correspondentes.

Unha vez nesa páxina, para ver o video cos xestos dunha frase, fai clic sobre o seu su título.

............................................................................................................

Co nome xenérico de "Ágora de Paz" englobaremos varias actividades dedicadas a enaltecer a figura de Nelson Mandela e doutras persoas icônicas do punto de vista da Educación para a Paz e os Dereitos Humanos, a través das súas citas, frases, testemuños biográficos e outros materiais audiovisuais, na medida do posible, presentadas co acompañamento de xestos internacionais.

Sesión preparatoria das conferencias na UVigoTV

Fusos horarios e centros participantes

Diapositivas explicativas do procedemento

Xestos comúns para os presentadores

Actividades para o curso 2013-2014:

31 de Xaneiro (Día da Paz)

Dedicado á figura de Nelson Mandela a través das suas citas, presentadas por alumnos dos centros participantes en varios idiomas, acompañadas de sinais internacionais.

Ao mesmo tempo, farase tamén unha breve presentación das actividades realizadas ou planificadas en cada centro, para conmemorar o DENEP (Día Escolar da Non-violencia e a Paz), celebrado o día anterior (30 de xaneiro).

Máis información (con video) AQUÍ

21 de marzo (Día Internacional da Poesía e tamén Día Internacional Contra a Discriminación Racial)

O formato anterior famplíase a outros países en todo o mundo. A sesión foi realizada o 24 de mqrzo.

De entrada, procurouse que participasen os centros educativos que xa participaran na actividade de Poemas do Mundo.

Realizáronse duas sesiones, unha en inglés e outra en castelán e linguas románicas:

-Peace Indaba, o luns 24 de marzo pola mañá (Europa, África e Oriente Medio).

Participantes (na medida do posible) centros en África do Sul, Rusia, Turquía, Palestina, Ucraína, Bulgaria, Austria, Alemaña e os da Península que o desexasen (tendo en conta que a lingua de comunicación sería o inglés).

-Ágora de Paz, o mesmo día luns 24 de marzo, pola tarde en Europa, pola mañá en América..

Sería case unha segunda volta da sesión de xaneiro, con dúas diferenzas: a incorporación de fragmentos poéticos, e a presenza de centros de Portugal, Italia, Romanía e tamén de centros de América Latina . Sería asimesmo unha oportunidade para que entren os centros que non puderan facelo en xaneiro por varios problemas. Intentaremos utilizar calquera língua romance para a comunicación oral (se é posible usando uns xestos comúns, coñecidos por todos os presentadores por teren sido publicados anteriormente). Os power points deberían estar nun idioma diferente do utilizado para falar.

Nesta oportunidade, cada centro presentou:

1- un pequeno power point coas actividades que realiza en relación con algún dos seguintes temas de traballo da redePEA-UNESCO:

Educación pola Paz e os Dereitos Humanos, Aproximación de Culturas, Palestina 2014.

2- unha frase de Nelson Mandela en calquera língua (ver unha lista de frases en inglés e outras línguas na columna da esquerda)

3- un breve poema sobre calquera dos temas citados anteriormente e acompañado con xestos internacionales Yogote).