Conexións e visitas 

Como parte do proxecto Talentos inclusivos o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer a personas usuarias de ASPACE  e escoitar directamente como é o seu día a día. O inicio do proxecto visitaron Zalaeta e en abril puidemos visitar o seu centro en Sada, ademais de facer as conexións telemáticas mensuais de actualización dos Retos.

Colaboramos para desenvolver un dos retos coa clase laranxa de CEE Nª Sra de Lourdes.

En Zalaeta

Houbo unha primeira visita en xaneiro de toma de contacto antes de que os grupos empezaran a investigar para desenvolver os seus Retos. Non foi doado para eles entrar no centro coas cadeiras de rodas pero estaban felices de compartir a xornada cós nosos adolescentes.


1247247355.mp4

En ASPACE

En abril os grupos de Zalaeta puidemos ver como é o día a día no centro de día e na residencia de ASPACE en Sada e consultar sobre o avance das solucións aos Retos.

En maio o grupo de Clase  Laranxa levou os pulsadores e fixo a súa visita ao centro de Sada.

VID_324310425_035918_602.mp4

Conexións telemáticas

Durante todo o curso tivemos conexións mensuais, os martes os grupos de Xadres con José Mendoza e Belén Abella, os mércores os grupo dos licornios con Paz Freire. Algunhas veces con incorporación do grupo de clase laranxa de CEE NªSra de Lourdes.

Obradoiro inclusivo coa clase laranxa

Par o Reto de Pulsadores adaptados colaborou un grupo de Tecnoloxía de 4º de ESO  soldando cables e microrruptores aos pulsadores que previamente prepararon na clase laranxa de CEE NªSra de Lourdes.