Lecturas para minutos

La vie en rose

Adoraba a Edit Piaf. Sempre a escollía como música de fondo para facer as autopsias. Poñía os cascos e abría os corpos. Tiña tanto costume que cando ela puxo a canción e o convidou a bailar non puido evitar utilizar o bisturí.