O termo “Aprendizaxe mixta” é a traducción de Blended learning (B-Learning) e fai referencia a un itinerario formativo que combina a presencialidade coa aprendizaxe a distancia a través dunha plataforma virtual. Os principios metodolóxicos nos que se basea son en parte, os da Aula Invertida (en inglés Flipped Classroom), na que o alumnado ten acceso directo aos contidos situándose no centro da aprendizaxe. Durante as sesiones asíncronas, o alumnado desenvolve un traballo previo na aula virtual (ex. visualizar un vídeo, leer un artigo ou iniciar un proxecto) ao que daremos continuidade durante as sesións presenciais nas que se priorizará a interacción e o debate. Namentres, a persoa docente facilita e guía o proceso.
O obxectivo do proxecto sBlendid é fornecer ao profesorado de EOIs de formación de calidade para abordar o ensino mixto, e por iso desenvolvemos numerosas actividades formativas: webinarios, cursos, xornadas.... bota unha ollada:
O curso NILE realizado en decembro de 2020 a primeira experiencia formativa ao abeiro do proxecto #CAFI_SBlendid e o berce do deseño dun itinerario formativo para o profesorado de EOI e de EPA composto de catro cursos. Esta ruta de formación foi creada por oito docentes de diferentes EOI galegas, participantes no curso, lideradas por dúas asesoras do CAFI (Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza) dende xaneiro ata agosto de 2021 e afonda no ensino semipresencial a partir de catro piares que o alicerzan: a plataforma dixital, o acompañamento e a autonomía do alumnado, e a avaliación. A primeira edición dos cursos foi posta en marcha durante o ano escolar 2021-2022 de xeito simultáneo en Aragón, Galicia, Navarra e Madrid e están previstas edicións futuras:
Conectar dous mundos a través da aula virtual: O curso fornece estratexias para a creación dunha contorna de aprendizaxe amigable, eficaz e colaborativa adaptada á modalidade semipresencial.
Acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe: O curso afonda nas estratexias e protocolos de monitorización, así como recursos de retroalimentación propios da modalidade, para acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe.
Fomentar a autonomía do alumnado: O curso desvela as estratexias para aprender a aprender.
Convertir a avaliación no motor da aprendizaxe: O curso afonda nas vantaxes e retos da avaliación na modalidade semipresencial e fornece ferramentas de avaliación continua e formativa para a modalidade.
No primeiro curso do Proxecto realizáronse dous cursos estruturados aos que asistimos de maneira virtual. Consulta os contidos dos cursos:
Todos os webinarios que amosamos están publicados no canal de Youtube do CAFI GALICIA, pero aquí vos deixamos unha escolma para que vexades como a comunidade sBlendid ten medrado progresivamente tecendo redes profesionais de docentes tanto a nivel estatal como a nivel galego:
Tere Cots
Laura Escribano
Fernanda González
Paola Iasci
Titores/as de ensino mixto de EOIs
Susana Aldao
Sonia Rosales
Nuria Calvo
Jose Antonio Cartelle
Susana Aldao
Carmen Fernández
Marco Vélez
Isabel Rama
Anabel Fernández
Begoña Suárez, Paula Gómez e María Fdez.
Profesorado participante no curso Europass Teacher Academy con Carolina Castro.