O Future Classroom Lab (FCL) é unha iniciativa de European Schoolnet, unha rede de ministerios de educación de Europa, deseñada para explorar e promover novas formas de ensinanza e aprendizaxe a través da tecnoloxía e o deseño innovador de espazos educativos. Lanzouse en 2012 en Bruxelas e as súas principais características son o uso da tecnoloxía, as metodoloxías activas, os espazos flexibles e a interacción e colaboración.
Seguindo a proposta europea, o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) lanza o modelo Aula do futuro en colaboración con outras comunidades autónomas.