QUÉ O PROXECTO SBLENDID?

EDUCACIÓN ABERTA: O obxectivo do Consorcio sBlendid é transicionar cara a unha educación aberta e a distancia en positivo. Para isto, é preciso ofertar cursos de aprendizaxe mixta ou de Blended Learning que permitan adaptar os tempos e ritmos de aprendizaxe de cada persoa. Cómpre daquela mellorarmos a competencia do profesorado en entornas virtuais de aprendizaxe ademais de e ter en conta ás persoas con dificultades de acceso aos servizos básicos implícitos nun proxecto coma este e ao alumnado en risco de exclusión ou con problemas de mobilidade.

INTERCULTURALIDADE: Outro dos nosos obxectivos é mellorar a educación intercultural do alumnado e tamén do profesorado a través de intercambios presenciais e/ou virtuais. Para isto, propoñemos ampliar os nosos contactos internacionais mediante a creación de redes profesionais e aumentar a conciencia europea do noso profesorado.

COMPETENCIA DIXITAL: Este proxecto implica dialogar sobre pedagoxías que contribuirán á creación de cursos accesibles para as persoas con baixa competencia dixital e á integración de ferramentas TIC aplicadas ao ensino de linguas estranxeiras.

Marta Gago, vicedirectora da EOI de Pontevedra, ten elaborado este resumo do Proxecto onde se recollen os plans de acción deseñados para os dous anos de duración desta aventura dunha maneira visual e atractiva. Preme na seguinte ligazón para saber máis:

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, a difusión do proxecto é un piar fundamental para o seu desenvolvemento. Aquí tedes os logos que axudaron a darlle unha identidade visual á nosa experiencia sBlendida:

A aula CAFI proporciona tamén o apoio a través da súa aula virtual. Deste xeito, habilitouse na súa plataforma virtual un espazo espefífico para este proxecto, en concreto o KA104 que versa sobre escolas que usan a aprendizaxe mixta para dialogar sobre pedagoxías interrelacionadas.

Nesta páxina atoparedes non so (in)formación sobre o proxecto, os cursos asociados, as mobilidades realizadas, senón tamén o detalle sobre o punto no que se atopa o proxecto.