O proxecto EDUGASPACE é o primeiro proxecto "Erasmus+" redactado e planificado integramente por membros do claustro da EOI de Pontevedra, e desenvolverase entre o meses de outubro de 2024 e xaneiro de 2026. O noso obxectivo principal é evolucionar cara a unha arquitectura educativa máis sensible coa sociedade na que vivimos, baseándonos en pautas definidas para as contornas educativas eficientes e os modelos de aulas interactivas e multifuncionais. Aspiramos a crear espazos flexibles e dinámicos, que faciliten, no só as metodoloxías activas, se non tamén a inclusión e o respecto á contorna. Xa que logo, traballaremos no desenvolvemento de espazos educativos para a inclusión, a innovación e a sostibilidade, os tres pilares que fundamentan o noso proxecto. Esperamos que esta transformación da nosa escola nos axude a dar visibilidade á diversidade e a promover a convivencia positiva.

O proxecto está dirixido á mellora estratéxica das capacidades profesionais docentes para abordar a modificación dos espazos educativos: eliminación de barreiras, reconfiguración de áreas comúns, aprendizaxe zonificado e implementación de prácticas sostibles. Esperamos incorporar métodos innovadores que faciliten o desenvolvemento das competencias do século XXI e a personalización da aprendizaxe, mellorando a calidade da educación e diminuíndo o absentismo.¡