Formación PFPP - Proxecto EDUGASPACE
Formación PFPP - Proxecto EDUGASPACE
Encontro internacional Erasmus 2025
Publicación en medios dixitais
Formación aplicación didáctica da IA
Queres saber que se está a cociñar? Bota unha ollada ao noso recuncho Erasmus na entrada do centro e infórmate das novidades! Tamén podes consultar a nosa web e redes sociais co cancelo #EDUGASPACE.
Aquí deixamos unha pequena mostra das actividades de difusión que realizamos ao longo desta aventura, procurando diseminar os resultados da aprendizaxe e os logros acadados.
A Escola conta con aspectos positivos na súa arquitectura: moita luz natural e unha boa calidade do aire grazas á vexetación da contorna natural que a rodea.
Actualmente temos en marcha unha campaña con medidas axustadas aos nosos espazos. Fixate na cartelería creada coas ferramentas de IA abordadas no curso FCL de Bruxelas: recoñeces os nosos espazos nas imaxes?
Este equipo de docentes desprazouse ás zonas máis concorridas da cidade para distribuír materiais de merchandising con información sobre a Escola e os seus proxectos.
Podes ler este artigo onde se explica como animamos á cidadanía a estudar idiomas na nosa Escola a través de interesantes retos lingüísticos.
Os proxecto EDUGASPACE tamén nos ten axudado a compartir boas prácticas coa comunidade educativa. Por exemplo, estes Consellos TIC foron publicados mensualmente co obxectivo non só de mellorar competencia dixital do profesorado, senón tamén para sermos máis eficientes no uso da tecnoloxía.
Abrir unha conta CANVA Edu para deseñar infografías, empregar correctamente a plataforma WEBEX para videoconferencias, escanear correctamente documentos, manter o perfil móbil limpo... son accións que nos axudan a xestionar o traballo cotián.
Integración significativa da tecnoloxía
Queres coñecer as tecnoloxías interactivas para a Aula do Futuro? Consulta este taboleiro dixital onde podes navegar por un amplo abano de aplicacións. Explicámosche os seus beneficios e eivas e tamén cales son as súas aplicacións didácticas!