a eoi DE PONTEVEDRA E O PROGRAMA ERASMUS+

Internacionalización e innovación: estes son os dous piares fundamentais nos que a EOI de Pontevedra alizerza a súa participación no Programa Eramus+.

Queres compartir esta experiencia con nós?

Consulta esta páxina en manterémoste informado/a das novidades: cursos no estranxeiros, estadías de observación e moito máis.

Na sociedade galega actual plenamente integrada no marco da Unión Europea, as Escolas Oficiais de Idiomas son centros que contribúen á adquisición do coñecemento de linguas e culturas, accesibles a todo tipo de aprendiz e potenciadores da empregabilidade das persoas adultas.

A nosa Escola participa no Programa Erasmus+ co obxectivo de fomentar o intercambio de ideas, a cooperación, a tolerancia e a internacionalización. O fío conductor será a procura da calidade no ensino cunha especial atención á inclusión, á sostibilidade e á formación ao longo da vida.

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO DE CENTRO

A internacionalización e a cooperación entre empresas, institucións e cidadáns de distintos países tense convertido nun aspecto cotiá, alén do ámbito europeo. O desenvolvemento das tecnoloxías da comunicación, dos medios de transporte e da globalización da economía teñen derrubado as barreiras xeográficas de maneira que na actualidade, case resulta imposible concibir ningunha actividade que non se organice en función das súa interacción con outros contextos culturais ou socioeconómicos

O noso Plan de internacionalización ter como obxectivo a apertura da Escola cara o exterior e a procura de novas entornas para a aprendizaxe do alumnado e para o desenvolvemente profesional do profesorado.

Consulta o noso Plan de desenvolvemento europeo premendo na ligazón na parte inferior para saber máis sobre os nosos valores.

COÑECE A NOSA ESCOLA: A EOI DE PONTEVEDRA

Na EOI de Pontevedra temos paixón polos idiomas. Sabías que ser bilingüe aumenta a túa capacidade cognitiva? A aprendizaxe de linguas tamén mellora a túa capacidade de concentración e protexerás ao teu cerebro do paso do tempo. Pero por riba de todo iso, sen dúbida, aprender un idioma abrirache unha fiestra máis desde onde poderás mirar ao mundo con outros ollos. Coñece a nosa Escola a través deste vídeo deseñado polo alumnado da Facultade de Ciencias da Educación:

ONDE PODES ATOPARNOS: