As profesoras Dolores Ferro Diz, Lorena López López, e Marta Vázquez Fernández desprazáronse ata Porto (Portugal) para visitar o Agrupamento das Escolas do Cerco do Porto. Do 10 ao 14 de marzo participaron nunha estadía de Job Shadowing xunto con profesorado de centros de Grecia, Letonia e Cádiz organizada por Learning Together, unha división operativa especializada en formación no marco do programa Erasmus+. Fundada no ano 2000 e acreditada pola Dirección Xeral de Emprego e Relacións Laborais (DGERT) desde 2001, a empresa xestora é unha institución consolidada no ámbito da educación e da formación, con 25 anos de experiencia e sede na cidade do Porto, Portugal. O equipo de observación estivo composto por unha ducia de formadores, comprometidos coas prácticas educativas sostibles.
Situado na freguesía de Campanhã, o Agrupamento de Centros do Cerco do Porto, Porto, está formado por seis Escolas de Educación Primaria e un Centro de Educación Primaria e Secundaria:
Escola Básica do Cerco (educación infantil e 1.º ciclo)
Escola Básica da Corujeira (educación infantil e 1.º ciclo)
Escola Básica do Falcão (educación infantil e 1.º ciclo)
Escola Básica do Lagarteiro (educación infantil e 1.º ciclo)
Escola Básica de S. Roque da Lameira (educación infantil e 1.º ciclo)
Escola Básica Nª Sra de Campanhã (educación infantil e 1.º ciclo)
Escola Básica e Secundária do Cerco do Porto (2.º ciclo, 3.º ciclo e secundaria)
Os dous Agrupamentos iniciais creáronse en maio de 1998. Estes funcionaron como unidades organizativas ata xuño de 2003, cando a Administración decidiu crear o Agrupamento Vertical de Escolas do Cerco do Porto. No curso 2006-07 produciuse a fusión da Escola Secundária - 3.º Ciclo do Cerco co Agrupamento Vertical de Escolas do Cerco, así como a unificación de dous proxectos TEIP. A EB1 - JI do Lagarteiro foi incorporada ao Agrupamento no curso 2012-13 e no curso seguinte, o Xardín de Infancia Falcão 2 incorporouse á EB1 -JI do Falcão, pasando ambos a compartir o mesmo código. Foi en xuño de 2017 cando o AEC pasou a denominarse Agrupamento de Escolas do Cerco do Porto, Porto (AECP), tal e como o visitamos nós.
Aula Proxectos II
Aula Proxectos II
Cadeira Z I
Cadeira Z II
Exposición
Portátiles
Aula de Informática
Os corredores