O obxectivo xeral do proxecto Novigado, financiado polo Erasmus+ e coordinado pola Think! Foundation (Polonia) é apoiar ás escolas e ás partes interesadas relacionadas na transición dunha aula convencional e centrada no profesorado cara a prácticas docentes que promovan a aprendizaxe activa co apoio de contornas de aprendizaxe innovadoras e o uso de TIC relevantes.
A ferramenta Novigado Scenario Tool está dispoñible na páxina oficial do Future Classroom Lab e pode accederse a ela de forma gratuíta para usuarios rexistrados. Está deseñada para axudar ás persoas docentes a crear escenarios de aprendizaxe que promovan a aprendizaxe activa.
Por outra banda, despois da estancia de Job-shadoing en Porto, as docentes participantes nesta mobilidade compartiron cos/coas compañeiros/as as prácticas sostibles observadas.
Esta é a presentación compartida co claustro onde se recollen recursos e ideas para a transferencia de boas prácticas.