O Future Classroom Lab (FCL) é unha iniciativa de European Schoolnet, unha rede de ministerios de educación de Europa, deseñada para explorar e promover novas formas de ensinanza e aprendizaxe a través da tecnoloxía e o deseño innovador de espazos educativos. Lanzouse en 2012 en Bruxelas e serve como un entorno experimental para probar enfoques pedagóxicos innovadores.
As súas principais características son o uso da tecnoloxía, as metodoloxías activas, os espazos flexibles e a interacción e colaboración.
O curso Interactive Technologies for the Future Classroom ofrece unha combinación de actividades prácticas e información teórica para axudar ás persoas docentes a transformar as súas prácticas de ensino e fomentar o aprendizaxe activo mediante tecnoloxías innovadoras. O curso impártese en Bruxelas, Bélxica, no Future Classroom Lab, un espazo deseñado para explorar métodos de ensino innovadores. Impártese en inglés, e os participantes deben ter un nivel intermedio deste idioma.
Obxectivos de aprendizaxe
Revisar os principios pedagóxicos do aprendizaxe colaborativo e interactivo.
Descubrir ferramentas e metodoloxías para aumentar a interacción e colaboración na aula.
Planificar o uso das TIC para o ensino presencial e a distancia.
Incorporar ferramentas interactivas ao material educativo estándar.
Empregar gamificación, vídeo e audio para o ensino.
Explorar tecnoloxías emerxentes como realidade aumentada e virtual.
Familiarizarse co Future Classroom Lab e as súas zonas de aprendizaxe.
Os "verbos do Future Classroom Lab" son accións chave que reflicten as principais actividades e metodoloxías pedagóxicas promovidas por este espazo educativo innovador. Estes verbos representan os obxectivos fundamentais para transformar as aulas en contornas de aprendizaxe dinámicas e interactivas. Algúns dos máis destacados son:
Explorar: Investigar e extraer información de distintas fontes.
Interactuar: Compartir e intercambiar coñecemento.
Crear e desenvolver: Deseñar produtos finais competenciais.
Presentar: Presentar os produtos realizados ou instruír.
Avaliar: Ofrecer feedback de calidade.
O Future Classroom Lab fomenta estas accións a través de zonas de aprendizaxe específicas que inclúen áreas para a exploración, a interacción e a creación, promovendo unha educación máis flexible e innovadora:
Espazos exteriores e interiores
Secuencias didácticas con "Learning zones"
Dinámicas de grupo e distribucións na aula
Integrar a tecnoloxía no curso garante que as persoas participantes coñezan as ferramentas máis recentes e como aplicalas para mellorar o ensino e a aprendizaxe no século XXI:
1. Personalización da aprendizaxe
Adaptarse ás necesidades individuais de cada estudante, ofrecendo contidos, exercicios ou materiais específicos segundo o seu nivel de comprensión, estilo de aprendizaxe e intereses. Isto axuda a crear experiencias educativas máis efectivas e motivadoras.
2. Creación de contidos educativos
Crear textos, imaxes, vídeos ou exercicios interactivos, permiten aforrar tempo na preparación de materiais. Tamén posibilitan a creación de recursos máis variados e atractivos.
3. Fomento da creatividade
Inspirar estudantes e docentes na creación de proxectos innovadores, como historias, arte dixital ou experimentos virtuais potenciando o pensamento creativo e crítico.
4. Habilidades do século XXI
Desenvolver competencias clave como a alfabetización dixital e a análise de datos, habilidades fundamentais para o mundo laboral e social actual.
5. Apoio á inclusión e equidade
Crear materiais adaptados para estudantes con necesidades especiais, como recursos en varios idiomas ou ferramentas de accesibilidade para persoas con necesidades especiais.
6. Introdución ás tecnoloxías do futuro
Como a IA está cada vez máis presente en todos os ámbitos e o seu uso na aula prepara ao alumnado para comprender mellor como funciona e como usala de maneira ética e responsable.
7. Automatización de tarefas docentes
Avaliación automática de tarefas e na retroalimentación personalizada permitindo que poidan adicar máis tempo ao ensino directo.
O obxectivo xeral do proxecto Novigado, financiado polo Erasmus+ e coordinado pola Think! Foundation (Polonia) é apoiar ás escolas e ás partes interesadas relacionadas na transición dunha aula convencional e centrada no profesorado cara a prácticas docentes que promovan a aprendizaxe activa co apoio de contornas de aprendizaxe innovadoras e o uso de TIC relevantes.
A ferramenta Novigado Scenario Tool está dispoñible na páxina oficial do Future Classroom Lab e pode accederse a ela de forma gratuíta para usuarios rexistrados. Está deseñada para axudar ás persoas docentes a crear escenarios de aprendizaxe que promovan a aprendizaxe activa.