O proxecto KA122-ADU "EDUGASPACE" abrangue en total seis mobilidades a dous países diferentes, Béxica e Portugal, para realizar un curso estructurado e unha estadía de Job Shadowing respectivamente.
As profesoras Sonia Fernández, Isabel Barreiro e María Fernández desprazáronse ata a sede de European Schoonet en Bruxelas para realizar o curso "Interactive Technologies for the Future Classroom" do 2 ao 6 de decembro.
O modelo do Future Classroom Lab inspirou a creación de espazos similares en escolas de toda Europa, contribuíndo a transformar os entornos de aprendizaxe para facelos máis dinámicos e adaptados ás necesidades da aprendizaxe contemporánea. A súa filosofía está en sintonía co obxectivo de transformación dos espazos da EOI de Pontevedra arredor dos 3 eixos: Inclusión, Sostibilidade e Innnovacion Pedagóxica.
A aula do futuro (Future Classroom Lab) de European Schoolnet sitúase no Barrio Europeo de Bruselas. Trátase dun espazo de oficinas dedicado tanto á formación do profesorado e especialistas educativos así como ao intercambio de prácticas educativas innovadoras.
No FCL tivemos a oportunidade de observar distintos tipos de mobiliario flexible e polivalente, deseñado para ofrecer maior liberdade de movemento e máis benestar ao alumnado.
O obxectivo deste ambiente de aprendizaxe confortable é fomentar a creatividade e a colaboración, adaptarse ás distintas necesidades (reunións, obradoiros e momentos de decanso):
Zonas de almacenaxe
Cadeira ergonómica
Cadeira móbil con rodas
Pufs e asentos para descansos
Gradas interiores
Panel dixital portable
Dados escuma
Pizarra proxectos
Mesa móbil para o/a docente
Muro colaborativo imantado
Variedade de mobiliario
Módulo almacenaxe
CONTIDOS - DÍA 1
Impacto da tecnoloxía e dos espazos á hora de conseguir unha implicación activa do alumnado.
Posibles distribucións espaciais na aula relacionadas con distintas dinámicas de grupo.
Descubrimento dos "Actions Verbs" do FCL para o deseño de secuencias didácticas.
Obradoiro: Experiencias pedagóxicas co "unplugged coding".
CONTIDOS - DÍA 2
Principios básicos da Intelixencia Artificial: vantaxes e eivas. Cánto gañamos e canto perdemos?
Accesibilidade: Podcast instantáneas, códigos QR, etc.
Creatividade: Crear cancións, deseñar videoclips ou vídeos musicais.
Productividade: Alternativas ao Chat GPT: Mistral, Gemini, Co-pilot, Claude, Poe, Perplexity.
CONTIDOS - DÍA 3 E 4
Avaliación: Principios e aspectos chave: claridade e transparencia nas instruccións e criterios, diferenzas entre a avaliación formativa e sumativa.
Estratexias para a inclusión:
Graduación de materiais para respectar os distintos ritmos de aprendizaxe.
Traballo colaborativo ou cooperativo para o apoio mutuo.
Variedade de formatos segundo as necesidades e doada accesibilidade.
CONTIDOS - DÍA 5
Creación de escenarios de aprendizaxe (secuencias didácticas coa ferramenta NOVIGADO.
En Novigado, o papel dos espazos de aprendizaxe considérase como un facilitador do proceso de aprendizaxe activa: o entorno é o "terceiro profesor" que achega un valor engadido.
O proxecto está coordinado pola THINK! FOUNDATION e conta cun 5 socios, incluíndo o European Schoolnet.