Usuarios

Elementos preliminares: "Os clientes"

Cando comezamos coa aplicación, antes de crear os usuarios da aplicación, introducir os novos alumnos e antes incluso da catalogación hai uns campos que temos que establecer según que tipo de biblioteca temos.

Non é o mesmo estar nun CEIP, CPI, IES, CPIFP, CMUS ou Escola de Artes... os "clientes" da biblioteca escolar non teñen o mesmo perfil e os fondos que se ofertan en cada uns dos centros é distinto.

Na entrada de catalogación faremos fincapé na importancia de establecer materias para poder identificar as obras según o interese dos "clientes", unha listaxe temática según conmemoracións ou ben para facer unha mostra.

Cada obra estaría clasificada ademais da CDU, pola temática ou "materia" que trata pero tamén podemos afinar e distinguir para quen vai dirixida.

En Arquivos>Táboas auxiliares> seccións podemos delimitar os rangos de idade dos nosos "clientes", así nun CEIP ou CPI poden ter Prelectores, Primeiros lectores, Lectores autónomos e Lectores expertos

nun IES poden ter Primeiro ciclo, Segundo ciclo, ESO, 2º Ciclo e BAC, BAC, Todos e así co resto de centros. Por defecto o programa inclúe Infantil e Adultos pero esta distribución queda moi curta nun centro escolar.

Usuarios aplicación

Nalgún caso o responsable da biblioteca no centro non é o único que manexa o programa meiga. Os membros do equipo de biblioteca poden ter asignadas tarefas e perfís específicos no programa e así incluso pódese encargar aos propios alumnos a tarefa de xestionar os empréstimos nos recreos ou sesión de clases concretas.

Sería interesante ter creado, ademáis do perfil de administrador do programa outros xestores de empréstitos e ou profesores de garda. 

Novos alumnos

Ao inicio do curso temos que crear a listaxe dos lectores. O Soporte Meiga ofrécenos a posibilidade de volcar os datos do alumnado do Xade na nosa base de datos. Nesta fiestra podemos establecer o perfil dos nosos "clientes", prememos agregar ou ben se modificamos os que veñen por defecto, prememos correxir.

É nosa a decisión de facelo todos os anos e emitir os carnets de novo, ou incluir os novos usuarios a mán cada setembro.

As posibilidades que ten a rede de acceso a servizos e de interese para os alumnos aínda que xa non estén no centro, por eso non eliminamos os ex-alumnos ata pasados 3 anos por norma xeral.

Outros elementos básicos

Ademais do perfil dos "clientes" podemos modificar outros elementos como o dos idiomas. Se seguimos a ruta anterior e seleccionamos este campo veredes na listaxe que hai moitos que non precisamos, non estorban pero cando temos que buscar algunha língua europea é un pouco lioso.

Podemos eliminar línguas que non son relevantes nunha biblioteca escolar porque non imos ter fondos nelas, podemos deixar as autonómicas, europeas e aquelas das que poidamos ter alumnos emigrantes como a bereber, chinesa... pero probablemente non teñamos outras como o Manipuri ou Amuesha.

Procedencias dos fondos

Nas bibliotecas escolares temos que facer estatísticas de uso dos fondos, e tamén é útil ter establecido a súa orixe. 

O catálogo da biblioteca pódese considerar o inventario dos fondos do centro e por iso sería interesante indicar a procedencia dos mesmos. 

Podemos ter unha listaxe cos Departamentos... e logo as procedencias máis comúns: Doazón, Xunta de Galicia, Mostra editorial... e por último aqueles proxectos que nos proporcionan dotación orzamentaria para a adquisición dos fondos , neste caso incluímos o curso: PLAMBE, Club de Lectura, Orzamento de Centro, El País del Estudiante, Concurso ONCE....

Notificacións

Cando temos que informar aos alumnos dalguna novidade cabe a posibilidade de usar o taboeiro de novas e anuncios da portada do catálogo, e si a nova versión 4.0 está en uso poderemos ter comunicacións vía correo electrónico.

Pero ata entón teremos que usar o correo en papel por exemplo para avisarlles do retraso na devolución dun empréstimo.

 En Consultas/listaxes tal e como vemos na imaxe temos a posibilidade de seleccionar os parámetros do grupo co que queiramos contactar e o modelo de comunicación. 

En o noso PC > C > Archivos de programa  > Proxecto Meiga atoparemos un modelo de Notificación1 que poderemos modificar según as nosas necesidades seguindo as instruccións que acompañan.

Nos adxuntos 1 e 2 encontramos o modelo e unha notificación modificada. Unha vez que teñamos o noso documento actualizado, servirá de plantilla para que o programa encha os campos cos datos dos usuarios, os títulos a devolver fora de prazo e calquera outro asunto que lle indiquemos previamente.