Catalogación

A ferramenta de catalogación dunha biblioteca escolar ten que permitir a orde nos fondos pero tamén ten que ser útil e accesible para todos os usuarios. As normas e sistema de clasificación dos fondos das bibliotecas públicas non sempre son os máis axeitados para as bibliotecas escolares. O xeito de catalogar inflúe nos campos á hora da busca dun título, canto máis enriquecido estea, máis funcional será.

Fixámonos nas dúas imaxes.

A primeira é unha ficha dunha obra descargada de REBECA sen modificar. 

A segunda, a mesma obra adecuada ás necesidades da nosa biblioteca.

Ademáis dos erros, que podemos atopar en calquera biblioteca, imos a modificar os campos correspondentes a:

Nas bibliotecas escolares, os nosos clientes poden ser en gran medida o alumnado, quen normalmente nos pide obras sobre medo, ciencia ficción, humor... e o profesorado que prepara exposicións e conmemoracións sobre temáticas concretas como dereitos humáns, bullying, anorexia, violencia de xénero, igualdade, educación en valores..., todas elas pódense filtrar ademais acotando os usuarios a quen vai dirixida a obra. Non é o mesmo unha obra sobre a morte para un rapaz de 2º etapa de Primaria que para un do 2º ciclo de Secundaria.

Por todo iso debemos coidar os campos que serven para facer listaxes: materias e seccións. 

Á hora de facer educación documental, formación de usuarios, conmemoracións e recomendacións a tarefa de pescuda de "fondos sobre..." vai ser máis doada.