As preguntas e comentarios que poidamos e saibamos responder as incluiremos neste apartado, para para facérnolas chegar só tendes que encher a caixa ao pé de páxina. Pregamos que os comentarios sexan relevantes co tema e respectuosos cos usuarios deste site.
Táboas principais e auxiliares: Á hora de informatizar o noso catálogo temos que pensar en establecer algúns parámetros exclusivos.
A aplicación por defecto ten campos de táboas principais e auxiliares que deberíamos adaptar ás nosas necesidades. Cando descargamos os títulos doutras bibliotecas arrastramos información de interese pero nalgún campo precisamos acotar os items e adaptalos á nosa biblioteca, por exemplo, non é preciso contemplar todos os idiomas do mundo, así podemos limitar os idiomas na táboa principal.
Os nosos fondos poden clasificarse en función dos usuarios ou seccións a quen vai dirixida a nosa colección.
Listaxes de obras en préstamo que non aparecen: Para sacar listaxes de obras sen devolver en prazo tedes os pasos a seguir na lapela de listaxes. Nos centros escolares é común que fagamos un préstamo interbibliotecario dun lote de libros por máis tempo do que está establecido, 15 días, para modificar este dato imos ó apartado de lectores e tras facerlle ao centro escolar sinalado o carnet, lle modificamos tanto o nº de exemplares (15 ou 25 ex.) como o tempo de préstamo (30 ou 60 días) e prememos no botón de correxir. Pero cando queremos sacar a listaxe de libros por devolver fora de prazo temos que ter en conta esta variación nas datas e, á hora de establecer o periodo de busca de morosos temos que ampliar a data cara o futuro para que nos aparezan estos exemplares con tanto tempo de préstamo. Así na data de comezo poñería por exemplo o inicio do trimestre (ou a data desde a que queramos controlar os morosos) e un mes ou máis da data de hoxe cara adiante, para ter toda a listaxe completa.
Rexistro: A pantalla de rexistro non é necesaria para iniciar o proceso de catalogación dunha obra, a podemos usar para "rexistrar" una obra de xeito rápido e seguir máis adiante.
Obras anónimas: Cado a obra non ten autor coñecido, según as normas de catalogación poñeremos na signatura 2 as tres primeiras letras do título en MAIÚSCULA, igual que temos en minúscula na signatura 3. Outra opción é empregar a signatura ANO por anónimo.
Obras compostas: Nas obras compostas por varias unidades rexistraranse todos os elementos da mesma, tal é o caso das enciclopedias. O mesmo sucede cos material anexo das obras, por exemplo as revistas Speak Up conteñen un CD interactivo, a película e a súa guía: temos 4 elementos con 4 nº de rexistro para poder facer o empréstito das partes.
Rexistro de páxinas web: Na catalogación dos fondos podemos incluir enlaces web específicos da obra, pero tamén podemos rexistrar páxinas web de relevancia para unha biblioteca escolar. Empregamos o nivel bibliográfico de arquivos de ordenador.
Etiquetas ou tellos: Desde Proxecto Meiga podemos acceder ao programa de Autoempréstito que facilita ter tellos con código de barras para cada un dos rexistros dos nosos fondos, identificando nº de rexistro cun código individual, deste xeito cando temos máis dun exemplar dun título non hai posibilidade de facer un empréstito erróneo.
Outra opción é instalar o programa que se adxunta que ademais ten a posibilidade de imprimir etiquetas co logo da biblioteca.