No catálogo máis habitual das bibliotecas escolares podemos atopar os seguintes tipos de documentos:
Material textual
Gráficos proxectables
Gravación de son musical ou non musical
Publicacións seriadas ou revistas
Se empregamos a catalogación derivada a selección do tipo de documento xa ven por defecto, se a facemos manual escollemos da lista da imaxe. Algún tipo de documento ten módulos específicos de catalogación que probablemente non señan relevantes para os usuarios como a extensión no caso dos gráficos proxectables ou videos.
O nivel bibliográfico é un campo que xa ven cargado dacordo cas regras de catalogación. Por defecto aparece Monografía. Normalmente utilízase para distinguir se é unha publicación seriada, un artigo ou unha monografía. Como trátase dun campo de busca e utilízase nos informes estatísticos é imprescindible.
No caso dos gráficos proxectables e das gravacións de son os campos de catalogación son específicos: apórtannos datos non relevantes para a búsqueda nunha biblioteca escolar como extensión e designación... O que sí resultaría interesante e completar a Nota de contido:
Como Material textual incluímos ademáis dos fondos literarios habituais, as enciclopedias e as obras de referencia. Todos os exemplares deberán ter o seu nº de rexistro individual aínda que pertenzan á mesma obra.
No campo de Nº de exemplares podemos facer constar o seu nº se nos referimos a unha enciclopedia, pero non é relevante no caso dos fondos literarios xa que podemos ampliar o nº de exemplares dun título a medida que se inclúan como lecturas obrigatorias e itinerarios lectores.
O campo Descrición de serie e Nº de serie normalmente designa as coleccións seriadas por exemplo "Sopa de libros", "Oxford Bookworms Library" ou "Os Megatoxos" pero poderíamos facer constar o título da enciclopedia e o nº do tomo se teñen títulos específicos ao tomo. Principalmente farase constar o nº de tomo no título.
No caso das revistas e publicacións seriadas eliximos en lugar de monografía publicación seriada, ver imaxe, así podemos facer constar a Frecuencia e a Numeración. Depende de nos especificar a periodicidade da obra.
Na táboa auxiliar podemos modificar as frecuencias por se hai alguna que non aparece ao ser publicación propia.