Neste proceso o lóxico é aproveitar o que outros teñen xa feito; economía no esforzo, web 2.0, para o cal antes da catalogación a mán temos tres opcións de catalogación derivada:
Catálogo Central
Biblioteca Nacional de España (http://catalogo.bne.es/uhtbin/webcat)
REBECA (http://www.mecd.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/rebeca/portada.html)
Buscador: Proxecto Meiga: + o título da obra (unha selección de BPM,ver anexo PC rendible en Xestión)
Library of Congress (https://catalog.loc.gov/)
En todos os casos mencionados deberíamos modificar os rexistros descargados en formato 2709, adecuando a información ao que nunha biblioteca escolar é relevante, en primeiro lugar, e o que na nosa biblioteca temos establecido.
Hai BEs nas que faise unha especificación singular de materias e noutras faise constar unha ubicación zonal incluso dentro da biblioteca, delas imos a descargar rexistros non o seu xeito de organizar os fondos.
Se por ser novidade ou dalgunha editorial galega a obra non aparece ningures, sempre podemos buscar no navigador "proxecto meiga título da obra", probablemente algunha das bibliotecas da rede o teña catalogada.
Insertamos o código de barras e automáticamente se a obra é nacional, aparece o ISBN, prememos na flecha ao lado do ISBN, e o servizo central amosará as concorrencias, os exemplares, do que dispón.
Agora imos coa descarga desde a Biblioteca Nacional. Os pasos que temos que dar para obter un título son os que seguen:
Seleccionamos a pescuda por título ou autor > premer no documento > premer na casiña superior de Gardados > Seleccionamos o tipo de saída ISO 2709 > Ver/Descargar... e como xa fixeramos con Rebeca, a gardamos na carpeta temporal do noso Programa Meiga.
Unha vez que identificamos o título ou edición que precisamos, marcamos a obra (ollo comprobamos que está seleccionada), descargamos o exemplar en formato ISO 2709, prememos en aceptar e gardámolo na carpeta temporal 2709 do noso Programa Meiga.
Temos que lembrar que cando estamos a descargar varios rexistros e temos que limpar a lista para seguir có seguinte non podemos esquecer desmarcar a ventaniña do pé da fiestra, doutro xeito a seguinte pescuda farase incluíndo as obras precedentes.
Cando planificamos a infraestructura do noso pc é interesante ter nas opcións de internet as pestanas que precisamos (ver arquivo 1 en Xestión), así contemplamos a posibilidade de busca nun grupo de bibliotecas que dispoñen de fondos actualizados.
A listaxe das bibliotecas vese premendo na imaxe ou no arquivo de "pc rendible" no apartado de Xestión.
Na actualidade esta selección NON é posible pois as BPM migraron ao novo sistema de xestión BibKoha.
Podemos sustituilas buscando na caixa de procura de google "proxecto meiga + título da obra", nanlguna das BEs de Galicia estará o exemplar.
A biblioteca máis importante do mundo onde podes buscar por varios campos como nas anteriores: título, autor, materia... a pega é que temos que adaptar os caracteres, ñ, tildes...
O proceso é como o da Biblioteca Nacional de España:
Facemos a pescuda > marcamos o documento que nos interesa > prememos en "save" > seleccionamos o formato MARC (Unicode ...) o que hai por defecto > gardar o arquivo na carpeta 2709 do proxecto Meiga.