Ademáis do que podemos atopar na páxina principal ou portada do noso catálogo referido aos nosos fondos e ao que ten relevancia na comarca, o Proxecto Meiga móstranos a cara exterior da nosa fiestra: unha variedade de recursos do resto das bibliotecas da rede e outros organismos e institucións oficiais.
Buscador de bibliotecas temático por centros de interese, enlázannos coas webs recomendadas
Busca nas bibliotecas do concello
Busca nas bibliotecas da comarca
Buscadores web porque non todo é google.
Buscadores para nenos Como Yahooligans, Curiosos.com, Kartoo…todos moi intuitivos.
Nesta sección de Recursos electrónicos temos moito que aproveitar se somos usuarios da biblioteca e temos carné de lector. Pediránnos o número de lector e una contrasinal que é o noso primeiro apelido tal e como aparece no noso carné. Accedemos á Galicia.Le libros electrónicos, Biblioteca de Galicia: a hemeroteca dixital, e-Junior.net e enciclonet, páxinas de pago só dispoñibles para os usuarios de Meiga.
Contén una selección por tópicos. e-revistas por temáticas ou materias. Páxinas de información como Autores Galegos como a Biblioteca Virtual Galega onde algún autor ten obras para ler en liña, a Biblioteca dixital de Galicia, A Praza das letras e o Portal da rede.
Esta derradeira pestana activa facilita o acceso á opinión dos lectores-usuarios dos fondos da rede e ao foro de administración do Proxecto Meiga.