Listaxes

Circulación

Na circulación de fondos podemos predeterminar tanto o número máximo de obras a prestar como a duración do empréstimo.

No caso de obras das que os usuarios teñen que facer uso durante todo o ano, modificarase a data de devolución, para non engrosar a listaxe de morosos.

 Cando unha obra non está dispoñible ofrécese a posibilidade de incluir ao usuario na lista de espera e cando a obra se devolva aparecerá a opción de prestala. 

Histórico dunha obra

Cando precisamos localizar os lectores dunha obra en concreto, ben para rastrear a súa desaparición, ben para comprobar que un grupo de alumnos a levaron en préstamo por exemplo no caso dunha lectura obrigatoria, podemos seguir a ruta seguinte:

 Consultas/listaxes > Listaxes e notificacións > Movementos de fondos bibliográficos

 Seleccionamos o número de usuarios, as datas da mostra, o estado da mesma e o nº ou números de rexistro da obra en cuestión. 

Usuario/obra máis emprestada


Cando queremos premiar ou seleccionar a obra ou o usuario máis activo en empréstitos ao final do curso ou trimestre, a ruta é a que se segue na imaxe.

 

 Listaxes por materias ou CDU

As veces precisamos listaxes de obras dun departamento, por exemplo Química (54), ou materia (educación en valores) ou mesmo para facer esas estatísticas ás que ultimamente nos estamos a facer... como obras en linguas extranxeiras. Se é o caso podemos incluso facer listaxes empregando as sinaturas para identificar os fondos, por exemplo nun conservatorio de música teñen especificada na sinatura 1 a letra do instrumento: P. para percusión... Así se poden sacar listaxes empregando a opción de texto libre no OPAC e logo que temos as obras en pantalla, podemos seleccionar o tratamento nas lapelas inferiores, especificar que campos da listaxe queremos que aparezan: o título, autor, editorial...., como amosa a imaxe.

Temos que lembrar escoller Tratamento:imprimir > Tipo : listar > Formato listaxe, se non marcamos o rexistro completo podemos elixir os campos.

Por último selecionamos a impresora, pdf é o máis seguro para non ter copias innecesarias.