Desde a Rede de Bibliotecas de Galicia podemos consultar o catálogo da nosa biblioteca os 365 días do ano, as 24 horas. E non só os nosos fondos e a súa disponibilidade senón un mundo de recursos ao noso servizo.
Na Rede de Bibliotecas de Galicia accedemos a 1.500 bibliotecas e máis de 9 millóns de exemplares dos fondos de museos, arquivos, fundacións, bibliotecas públicas, de institucións públicas ou privadas e centros de ensino. Ao día hai aproximadamente 205.000 consultas según as estatísticas .
A rede funciona como un contorno colaborativo xa que os documentos comparten contidos como portadas, resumes, información de autores e os lectores poden interactuar deixando subxestións de compras, opinións, reservas en liña, etc. A maiores o bibliotecario pode colgar anuncios, novas e outras informacións.
Na pantalla principal podemos visualizar as seguintes partes:
Un corpo central dividido en cadros:
Información da biblioteca: datos xerais, localización nun google map, blogs asociados...
Novas: Portal onde atopar vínculos a xornais de prensa, de humor, deportes, etc...
Os lectores opinan: Un foro onde os lectores opinan sobre as lecturas e valoran as obras, importante para as recomendacións literarias para / ou feitas polos alumnos da rede de bibliotecas…, sería recomendable que os nosos alumnos aportaran o seu punto de vista sobre as obras que len.
Unha columna lateral con distintos apartados:
A túa biblioteca onde os cadros anteriores aparecen nunha lista. En "Fondos" encontraremos a distribución dos mesmos por soportes, nº de lectores…, abrirase unha nova fiestra e temos que introducir o código da nosa biblioteca que atoparedes na url do noso portal: por exemplo a ruta do catálogo da biblioteca do IES Fernando Esquío é:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED007, este é o noso código.
Busca avanzada. Hai dúas posibilidades para a busca de títulos, por campos sinxelos na cabeceira da páxina ou ben por busca avanzada.