Inspirado en Little Amélie e na tradición xaponesa do Tōrō Nagashi, onde as luces flotan sobre o río para guiar as almas, este proxecto anima a memoria do que xa non está e do noso rio Pontillón enterrado debaixo do cemento.
Este proxecto está inspirado na película Little Amélie e na idea dun río que desapareceu, pero que segue existindo na memoria o noso río das Barxas.
En Little Amélie, a protagonista descobre o mundo pouco a pouco: a través do que ve, do que sente e do que lembra. A película non conta as cousas como nunha historia normal, senón a través de emocións, sensacións e movementos. Iso é o que imos facer tamén nós coa animación.
O río que xa non está represéntase neste traballo a través do corpo humano. O voso corpo convértese no río:
O corpo será o río.
O movemento será a auga.
E unha liña azul, ao comezo e ao final, será a memoria do río que xa non está.
cando se move, flúe
cando se detén, lembra
cando cambia de ritmo, expresa emocións
Por iso traballamos coa rotoscopia: gravamos un movemento real e logo debuxamos enriba, transformando a realidade en animación. Así pasamos do real ao recordo, igual que fai a memoria.
Todas as animacións comezan e rematan cunha liña azul. Esa liña representa o río: o seu inicio e o seu final, o que foi e o que queda del. O que pasa entre esas dúas liñas é a vosa interpretación: emocións, movemento, vida.
Non buscamos debuxar perfecto.
Buscamos observar, sentir e transformar o movemento en animación e animar algo que xa non se ve, pero que segue presente. Animar a vida é dar movemento ao que lembramos.
Durante cinco segundos, o río Pontillón volverá existir grazas a vós.
Animar a Vida. A memoria do río que xa non está
Esta unidade propón unha tarefa creativa de animación 2D mediante rotoscopia con Pencil2D, inspirada na película Little Amélie e na idea do río como memoria viva, aínda que xa non sexa visible.
O proxecto parte dun xesto moi sinxelo e simbólico:
comezar cunha liña azul
rematar coa mesma liña azul
E, no medio, animar emocións, lembranzas e movementos que representen a vida do río.
Animar unha pequena secuencia de 5 segundos mediante rotoscopia, partindo dun vídeo real gravado polo alumnado, para representar emocións e movementos asociados á memoria do río, empregando a animación como linguaxe artística e narrativa.
Comprender a animación como sucesión de imaxes que xeran movemento.
Iniciarse na técnica da rotoscopia como forma de animar a partir da realidade.
Explorar a animación como medio para expresar emocións e lembranzas.
Valorar a animación como parte da industria do cine e das profesións creativas.
Desenvolver paciencia, planificación e continuidade visual.
Perder o medo a crear e experimentar con linguaxes audiovisuais.
Little Amélie (mirada, memoria, descubrimento do mundo)
O río como corpo vivo
A memoria do que xa non se ve
O movemento como recordo
Nesta tarefa, o alumnado debe representar o corpo humano como metáfora do río, utilizando o movemento corporal (danza, xesto, desprazamento) para expresar o movemento da auga, o fluír, a memoria e as emocións do río que xa non está visible.
O corpo convértese así nun río:
que se move
que flúe
que se detén
que lembra
Gravar un vídeo real de 5 segundos no que apareza o corpo humano en movemento.
O movemento debe ser expresivo, inspirado na danza, no xesto ou no desprazamento suave, evitando accións bruscas ou narrativas literais.
Realizar a súa rotoscopia en Pencil2D.
Traballar a 10 fps (10 fotogramas por segundo).
Crear un mínimo de 50 frames.
Frame 1: liña azul (nacemento / inicio do río)
Frame 50: a mesma liña azul (memoria / peche do ciclo)
O que ocorre entre ambas liñas debe representar:
emocións
movemento
fluír
memoria
o corpo humano é o río
o movemento corporal funciona como danza / fluír da auga
non é contar unha historia literal, senón expresar emoción, memoria e ritmo
🧍♀️ corpo = río
💃 movemento = corrente
🔵 liña azul = memoria / ciclo
🎬 animación = lembranza viva
5 sesións de aula
1 sesión: introdución, inspiración e gravación do vídeo
3 sesións: rotoscopia e animación
1 sesión: remate, exportación e posta en común
Animación 2D tradicional
Ideal para rotoscopia
Interface sinxela
DESCARGAMOS : https://www.pencil2d.org
DAMOS PERMISO NO NOSO COMPUTADOR A INSTALACIÓN. (VER VÍDEO)
A animación converteuse nunha das disciplinas creativas máis demandadas do século XXI. Hoxe en día, non só se utiliza no cine e na televisión, senón tamén en videoxogos, publicidade, redes sociais, educación e realidade virtual.
A industria do entretemento está en constante crecemento.
A demanda de contidos dixitais e interactivos aumenta cada ano.
É unha profesión que combina arte, tecnoloxía e narrativa, polo que é perfecta para persoas creativas con interese nas novas tecnoloxías.
Cine e televisión (animacións, efectos visuais)
Videoxogos e apps interactivas
Publicidade e marketing dixital
Educación e divulgación científica
Realidade virtual e aumentada
EXEMPLOS DE PROXECTOS DE ANIMACIÓN NO IES AS BARXAS
Aprender a utilizar a técnica da rotoscopia para crear unha animación 2D coa aplicación libre Pencil2D, partindo dun vídeo real como base de traballo. O alumnado planificará unha secuencia de movemento, distribuíndoa en grupo para que a animación teña sentido e cohesión narrativa.
Titorial 1: interface e ferramentas básicas
Titorial 2: importar vídeo, debuxar fotogramas e exportar
Movemento sinxelo e expresivo (mirar, camiñar, balancearse, fluír…)
Preferiblemente ligado á idea de emoción ou recordo
(Opcional): coordinación en grupo para crear unha narrativa común.
Gravar o vídeo (5 segundos)
Importalo en Pencil2D
Debuxar fotograma a fotograma con liñas simples
Eliminar o vídeo base ao final
Exportar como vídeo desde Pencil2D
Nome_Apelidos_Nº_CURSO_GRUPO.mp4
Exemplo: Lucas_Pérez_17_2ESO_B.mp4
Subir a Google Drive e enviar ao correo: audiovisualmorrazo@gmail.com
Asunto: ROTOSCOPIA-NOME APELIDOS-CURSO-GRUPO
Corrección básica da rotoscopia (fluidez, continuidade, número de frames)
Creatividade e expresividade
Comprensión da tarefa simbólica (liña azul inicio/final)
Implicación no proceso
Entrega correcta e no prazo
TUTORIAL1 E 2
ANIMATION DESK : https://youtu.be/1klmPEaAl_0
FLIPACLIP : https://youtu.be/ALM5daKt-7M
FLIPACLIP 2 https://youtu.be/dTWBI90E7gI
PROCREATE : https://youtu.be/bIwdSzZUcG0
✏️ Pencil2D
Interface sinxela e intuitiva
Permite debuxar a man alzada e facer rotoscopia
Ideal para iniciarse na animación tradicional 2D
🔗 Web: https://www.pencil2d.org
🎨 Krita
Ferramenta de pintura dixital con motor de animación 2D
Soporta capas, fotogramas clave
🔗 Web: https://krita.org
🎞 OpenToonz
Versión libre do software usado por Studio Ghibli
🔗 Web: https://opentoonz.github.io
🌀 Synfig Studio (edixgal)
Animación vectorial con interpolación automática
🔗 Web: https://www.synfig.org
🔧 Blender (edixgal)
Aínda que é 3D, conta coa ferramenta Grease Pencil para debuxar e animar en 2D
📱 Apps para tabletas (Android/iOS)
🖌 FlipaClip
Animación fotograma a fotograma
Permite audio, capas, e exportación a vídeo
Ideal para o alumnado, intuitiva e potente