Unha instalación artística é unha obra de arte que ocupa un espazo.
Non é só un debuxo nin unha escultura soa: é un conxunto de elementos colocados dun xeito pensado para que o público entre, mire, escoite e sinta algo.
Nunha instalación:
o espazo é parte da obra,
os obxectos dialogan entre si,
e o importante non é só como queda, senón o que transmite.
Cando creamos unha instalación artística pensamos en:
o significado do que facemos,
como se colocan os elementos (altura, distancia, movemento),
os materiais e as cores,
e na experiencia da persoa que a vai ver.
Nesta instalación queremos:
falar do río, aínda que xa non o vexamos,
recuperar sons, lembranzas e voces,
e mostrar que a memoria tamén pode formar parte da arte.
Cada pez representa unha historia.
Xuntos, todos os peixes contan algo máis grande: un río que segue vivo na memoria.
Imos crear un pez tridimensional que formará parte dunha instalación artística colectiva.
Cada pez será diferente e levará un código QR que permitirá escoitar ou ver unha lembranza relacionada co río: un son, un poema, unha voz ou unha imaxe.
O noso obxectivo é dar voz ao río que xa non vemos, usando a arte.
Cada alumno ou alumna deberá:
Crear un pez de aproximadamente 20 cm
Inspirarse en peixes reais de río
Construílo con volume
Pintalo con cores vivas e creativas
Engadir un código QR cun contido relacionado coa memoria do río
Antes de comezar:
Busca imaxes de peixes de río en Pinterest ou Google
Observa a súa forma, aletas, ollos e corpo
Escolle un peixe diferente ao dos teus compañeiros
📌 Podes cambiar as cores e facelo imaxinario, pero debe partir dun peixe real.
Empregaremos:
Cartón fino reciclado
Papel de xornal
Cinta de carrocero
Cola branca
Pinceis
Pinturas
Argolas metálicas pequenas
Sedal (para o montaxe final)
Como facelo:
Dúas siluetas iguais
Debúxase o perfil do peixe dúas veces en cartón fino (caixas de cereais ou galletas).
Recórtanse ambas siluetas.
Separadores interiores (costelas)
Créanse 2 ou 3 tiras de cartón:
unha no centro
unha na cabeza
unha na cola
Estas tiras van en perpendicular, unindo ambas siluetas.
Resultado: unha especie de “esqueleto” ou barco invertido.
Recheo e modelado
Engádese papel (xornal, papel usado) para dar volume.
Todo se envolve con cinta de carrocero, moldeando suavemente.
Revestimento
Capa de cola branca + papel de xornal (papel maché).
Deixar secar.
Pintura e decoración
Pintura acrílica ou témpera.
Cores vivas, contrastes, liberdade creativa.
Pódense engadir detalles con outros materiais (sempre lixeiros).
📏 Tamaño aproximado: 20 cm
📎 Elemento para colgar:
Antes de pechar totalmente, colocar unha argola metálica na parte superior do peixe.
O teu pez levará un QR cun destes contidos (elixe un):
Cada alumno/a escolle un só contido:
Audio co son da auga do río
Lectura dun poema curto relacionado co RIO
Lembranza dun avó ou avoa
Texto propio sobre o río
Imaxe antiga ou debuxo relacionado
Gravar audio ou seleccionar imaxe.
Subilo a un espazo común (Drive do centro, carpeta compartida).
Xeración do código QR mediante ferramenta online gratuíta.
Imprimir o QR en pequeno formato.
Pegar o QR ao peixe de forma visible pero integrada esteticamente.
👉 O QR debe funcionar correctamente e estar ben pegado ao pez.
Todos os peixes colgaranse do teito con sedal, a distintas alturas, formando un gran banco de peixes con memoria.
Cada pez colgarase cun sedal desde unha estrutura do teito.
Alturas diferentes para crear sensación de movemento.
O conxunto funcionará como un banco de peixes suspendido.
O público poderá achegarse, escanear e escoitar.
Non hai dous peixes iguais.
A creatividade conta.
O importante é o proceso e o significado, non a perfección.
UN POUCO DE INSPIRACIÓN