Recomendacións

Algúns consellos que os profesionais da educación e orientación recomendamos ás familias dos estudantes que se incorporan á etapa de Secundaria para axudarlles a que a transición sexa máis fácil:

  • Manter un contacto periódico e fluído co titor ou coa titora dos vosos fillos/as, que ao igual que en Primaria segue a ser a persoa de referencia para as familias; este contacto permitirá coñecer a evolución do estudante no centro e así mesmo informar ao titor ou á titora de calquera problema que se poida detectar na casa.

  • Comunicarse cos fillos/as durante este etapa é fundamental para o seu bo desenvolvemento e para transmitirlles a seguridade que necesitan nestas idades nas que o seu grao de madurez é superior e aumenta o seu nivel de liberdade pero tamén de responsabilidade. É conveniente ensinarlles que ámbolos dous conceptos deben complementarse.

  • Facilitarlles o estudo, proporcionándolles unha planificación e un lugar tranquilo que favoreza a concentración; que teñan uns bos hábitos de traballo e estudo desde o primeiro ano facilitará o seu paso por esta etapa educativa na que o esforzo debe ser maior que en primaria.

  • Motivar aos estudantes e valorar o esforzo realizado axudará ao estudante a sentir que o traballo merece a pena; así mesmo, é importante ser positivo diante dun fracaso académico e buscar solucións antes que sancións.

  • Coidar a súa alimentación e horas de sono é así mesmo importante para que o rendemento académico sexa satisfactorio; un bo descanso e almorzo proporcionaranlle as forzas necesarias para afrontar unha xornada escolar máis longa que noutros anos.

¡SORTE NESTA NOVA ANDAINA!