Que é a ESO?

A ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) é a etapa educativa obrigatoria que ven a continuación da Educación Primaria, que se cursa desde os 12 aos 16 anos. Estrutúrase en dous ciclos: o primeiro ciclo consta de tres cursos (1º. 2º e 3º), e o segundo ciclo consta dun só curso, 4º de ESO.

1º ciclo

1º de ESO: cúrsase con 12 ou 13 anos

2º de ESO: cúrsase con 13 ou 14 anos

3º de ESO: cúrsase con 14 ou 15 anos

2º ciclo

4º de ESO: cúrsase con 15 ou 16 anos

As finalidades desta etapa educativa son:

1.- Adquirir unha cultura básica.

2.- Formarse como cidadáns, cos seus dereitos e obrigas.

3.- Desenvolver hábitos de estudo e de traballo.

4.- Prepararse para incorporarse a estudos posteriores.