Titoría

Cada grupo na Educación Secundaria Obrigatoria ten asignado un titor/a que terá unha hora de reunión semanal co seu grupo de alumnado e nesa hora farás as actividades que propoña o titor/a

O profesorado titor tamén ten asignada unha hora semanal para reunirse cos pais e nais. Xa sabes que teñen que pedir cita para ser recibidos polo teu titor/a

O profesorado titor será unha figura moi importante para ti, e aínda que cambiará en cada curso, será a persoa a quen debes acudir cada vez que precises algún tipo de axuda ou información. Ao chegar ao Instituto, o teu titor ou titora axudarache a resolver todas as dúbidas que teñas, e tamén a integrarte e adaptarte ao novo centro.