Recomendacións

A ESO é unha etapa máis, e como todos os estudos ten a súa dificultade se non te organizas ben.

Podes ter en conta estas recomendacións que che axudarán a ter éxito desde o comezo:

1.- Utiliza a axenda: anota todo (tarefas, datas, dúbidas...) unha axenda que deberás tela sempre dispoñible (na mesa de clase e na mesa de estudo).

2.- Organiza o tempo de estudo na casa: desde o primeiro día de clase elabora un horario de estudo, reserva tempo non só para facer os deberes senón tamén para repasar, adiantar traballos, lectura de libros. Ten en conta as outras actividades que realizas para que o horario sexa realista; tamén debe ser un horario flexible, debes revisalo e modificalo se fai falta.

3.- Estuda cada día: a dedicación diaria e tranquila aos estudos é a mellor medida para ter éxito. Repasa o que se traballou na clase cada día. Todas as semanas convén facer un estudo profundo de cada materia.

4.- Atende na clase e leva os apuntes ao día: aproveita o tempo na clase, atende ás explicacións do profesor/a, pregunta as dúbidas, pide axuda ao profesorado ou aos compañeiros/as. Cando estudes unha materia procura lembrar o que se explicou na clase.

5.- Prepara os exames con antelación: hai moitas materias, e seguro que terás moitos exames, se deixas todo para o final terás moito traballo acumulado e non che dará tempo a estudiar todo. Estuda a diario como se tiveras un exame de cada materia cada semana, así estarás sempre preparado/a e relaxado/a.

6.- Realiza un estudo activo: estudar pode resultar aburrido se te dedicas soamente a ler ou memorizar. Aplica diferentes técnicas para manterte activo e concentrado. Lembra este método: