Avaliación e promoción

de curso

A información sobre a avaliación é trimestral (as notas). Como sabes, é a valoración que fai o profesorado do teu traballo e esforzo ao longo de cada trimestre, e se acadas os obxectivos educativos establecidos nas diferentes materias.

Se ao rematar o curso non estiveras en situación de promocionar deberás repetir curso. Só podes repetir unha vez en cada curso, e en total, 2 veces en toda a ESO. No IES xa che explicarán cales son os criterios de promoción.

A valoración exprésase igual que en primaria, mediante estas cualificacións numéricas:

Sobresaínte: 9 ou 10

Notable: 7 ou 8

Ben: 6

Suficiente: 5

Insuficiente: 4, 3, 2, 1