Finalidade da ESO

  • Que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico

  • Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo

  • Preparalos/las para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e

  • Formalos/las para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás.

Despois de toda a etapa de Educación Primaria no mesmo centro, habituados/as ao profesorado e aos mesmos compañeiros e compañeiras durante seis anos consecutivos (na maioría dos casos tres anos máis de EI) sentíndose ademáis durante o último ano na situación privilexiada que supón ser considerados os/as “maiores” do colexio, os/as alumnos/as que comezan a ESO pasan a un novo ambiente, a ser os “pequenos/as” nun novo centro no que deben convivir con estudantes de ata 18 anos, todo un reto para estes rapaces e rapazas de tan só 12 anos, que deberán adaptarse da mellor maneira posible a esta nova etapa educativa.