RETO 7_Escribide as vosas postais

Xa chegaron as vacacións de Semana Santa!

Estas vacacións van ser un pouco diferentes ás dos outros anos, porque imos ter que seguir quedando na casa.

De todos modos, queremos que nos enviedes as vosas postais, contándonos como estades a pasar estos días, xa sexa de xeito real, pero tamén imaxinario. Mirade e lede a postal de Camaleo, está a imaxinar como pasa un destes días de vacacións.

Se nos enviades unha postal escrita, non esquezades facer un debuxo que ilustre o que estades a facer. Tamén podedes enviarnos audios ou incluso vídeos.

Esperamos as vosas postais!

Enviádellas ás vosas titoras ou ao correo electrónico orecunchodecamaleo@gmail.com