RETO 1_Fai un cómic do conto "O rei que lle tiña medo ás agullas"

Atréveste a facer un cómic do conto "O rei que lle tiña medo ás agullas"?

Hoxe propoñémosvos que vexades o contacontos "O rei que lle tiña medo ás agullas" contado por Felipe Díaz (Caxoto).

O noso reto é o seguinte: despois de escoitar o conto, atrevédesvos a facer un cómic sobre esta historia? Veña! Dádelle ao lapis e ás cores! Se queredes compartir os vosos cómics con nós, podedes enviarllos ás vosas mestras ou á nosa dirección de correo electrónico orecunchodecamaleo@gmail.com.

A debuxar!