RETO 2_Calcetíns desparellos para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down

Para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra en todo o mundo este sábado 21 de marzo, queremos sumarnos á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos.

Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade. Deste xeito, preténdese poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.

Envía as túas fotos cos teus calcetíns desparellos ao teu titor ou titora ou ao correo orecunchodecamaleo@gmail.com

#DíaMundialSindromeDown #CalcetinesDesparejados.

Resultado do reto

No CPI Luís Díaz Moreno de Baralla desparellamos os calcetíns para celebrar o Día da Síndrome de Down.

Podedes velo neste vídeo!!!

Mil grazas a tod@s @s que colaborástedes enviándonos as vosas fotos!!!