RETO 7_Receita de "Caghalletas"

Hoxe deixámosvos este vídeo coa receita das "Caghalletas" para que as fagades coas vosas familias. Adiantámosvos que Camaleo xa as fixo e están boísimas!

Con esta receita podedes aproveitar para comezar a escribir o voso primeiro recetario. Tomade nota dos ingredientes e dos pasos precisos para facer a receita.

Ao ver este vídeo descubriremos por que son moi boas estas galletas e o que significa ser celíaco.

Esperamos fotos e vídeos da elaboración ou das vosas caghalletas ou calquera outra receita que nos querades enviar. Recordade que o correo de Camaleo é orecunchodecamaleo@gmail.com