RETO 5_#DiaMundialAutismo #LIUB

O reto que vos propoñemos hoxe é que a noite do 2 de abril, ás 21 horas, nos sumemos ao reto #LIUB (LightUpBlue) para mandar unha mensaxe solidaria no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo!

  1. Apaga as luces.

  2. Encende un móbil ou lanterna e ilumina o teu balcón ou fiestra.

  3. Fai un vídeo ou foto e súbeo a redes co hastag #LIUB #DiaMundialAutismo, ou mándallo á túa titora ou ao correo electrónico orecunchodecamaleo@gmail.com

Comparte e difunde esta iniciativa cos teus veciños e amigos.

Máis información en: https://diamundialautismo.com/sumate-al-reto-liub-2020/

Dende o CPI Luís Díaz Moreno unímonos a celebrar o día 2 de abril, Día Mundial de Concienciación do Autismo.

Agradecementos e parabéns ao alumnado, familias e profesorado de 2º de Educación Primaria.