RETO 1_Imaxinas como é Pelostortos? Debúxao!

Imaxinas como é Pelostortos? Debúxao!

Hoxe propoñémosvos que vexades o contacontos "A figueira de Pelostortos" contado por Atenea García, unha versión do conto tradicional do mesmo nome, versionado por Ana García Castellano para a editorial OQO.

O noso reto é o seguinte: despois de escoitar o conto, imaxinádesvos como é Pelostortos? Animádesvos a debuxalo? Se queredes compartir os vosos debuxos con todos nós, podedes enviarllos ás vosas mestras ou á nosa dirección de correo electrónico orecunchodecamaleo@gmail.com.

A debuxar!

SOLUCIÓNS AO RETO 1

Moito traballa esta rapazada!!!

Xa nos están chegando os primeiros retos!!!!

Podedes velos pinchando na imaxe.

Imos a polo 2º reto!!! Estade atentos!!!