RETO 3_Elabora o teu once ideal!!!

Elabora o teu once ideal!!!

O mestre Lois proponvos o seguinte reto! Elaborade o voso once ideal relacionando o nome d@s futbolist@s con obxectos!

Mirade como o fixo el no vídeo que vos achegamos.

Isto mesmo podedes facelo con outras persoas coñecidas, como artistas ou cantantes, entre outros. Por exemplo, elabora a túa orquesta ideal!

Esperamos os vosos retos resoltos no correo electrónico: orecunchodecamaleo@gmail.com

Aquí podedes ver o once ideal de Iván de 3º de Educación Primaria!!!

Iván, un dos nosos grandes xornalistas deportivos, envíanos o seu once ideal.

Moitas grazas e parabéns polo traballo!!!