RETO 1_Certame "As imaxes do patrimonio"

Animádevos a participar no 3º certame de recolla das imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués

Aproveitade estes días que temos que estar na casa, para mirar os álbums de fotos familiares e buscar imaxes relacionadas co Patrimonio Cultural Inmaterial e tomadas en datas anteriores a 1970.

O seguinte paso será escribir un texto que explique os datos básicos da foto. No caso da rapazada de Educación Infantil e Primaria, o texto terá unha extensión máxima de 150 palabras. Para a mocidade da ESO, o texto non será de máis de 250 palabras.

Cando teñades as imaxes e os textos, podedes envialas á dirección de correo electrónico orecunchodecamaleo@gmail.com.

Tedes máis información do certame nesta ligazón e no seguinte díptico.

as imaxes do patrimonio_01.jpg
as imaxes do patrimonio_02.jpg