facermos visibleS as mulleres NA HISTORIA

Para quen?

Alumnado de 4º ESO das materias de Xeografía e Historia e Valores Éticos.

Para que?

  1. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal .
  2. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
  3. Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.
  4. Aprezar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

COMO?

–Actividades:

  1. Investigación da vida de mulleres que viviron entre 1300 e 1800 (Antigo Réxime) por parellas.
  2. Coñecer a historia dos colonizadores a través dos ollos dos colonizados.

–Produto final:

  1. Gravación de entrevistas, cun mínimo de 2 minutos a mulleres con nome propio ou anónimo do Antigo Réxime (pequenos vídeos con recreacións históricas), carteis publicitarios e guións das entrevistas. Entre outras figuras o alumnado puido seleccionar tanto figuras recoñecidas como María Soliña, María Pita, Mary Wollstonecraft ou Catalina II a Grande, como a mulleres anónimas como a encaixeira de J. Vermer, a nodriza da infanta María das Mercedes ou unha muller residente intramuros na vila de Vigo en outubro de 1719.
  2. Elaboración de Guías de Viaxes polos imperios coloniais do século XIX (1814 a 1914). Deste xeito imitando viaxeiras e viaxeiros do século XIX, sinalaron as dificultades da viaxe, as características dos lugares que visitaron, etc. e as alumnas (a meirande parte do grupo) tiveron que explicar as dificultades para viaxar e realizar as súas aventuras. Con estas guías estaba previsto realizar, durante a feira de coñecementos da Semana das Ciencias e das Letras do IES Valadares, un obradoiro-exposición nunha haima onde o alumnado de 4º ESO presentaría os seus traballos aos/ás asistentes. Esta última parte non puido ser realizada pola chegada do confinamento. Porén, o profesorado do club de letras realizou unha entrada no blog da biblioteca para dar a coñecer este excelentes traballos do noso alumnado de 4º da ESO.
  3. Redacción de revistas ou periódicos sobre o papel do pobo anónimo resistente e o concepto de resistencia no século XX. Entre a temática tratada estaban o feminismo, a canción protesta, a loita polos dereitos e a igualdade nos EUA ou o SIDA en África. Debido ao confinamento, poucos grupos puideron completar esta actividade.

Que?

–Estándares de aprendizaxe:

  • XHB2.1.2. Recoñece, mediante a análise de fontes de diversas épocas, o valor destas non só como información senón tamén como evidencia para os/as historiadores/as.
  • XHB2.1.2. Recoñece, mediante a análise de fontes de diversas épocas, o valor destas non só como información senón tamén como evidencia para os/as historiadores/as.

–Contidos:

  • Historia Universal entre 1300 e o 2000.
Detalle das guías de viaxe elaboradaspolo alumnado de 4º da ESO
Detalle das guías de viaxe elaboradaspolo alumnado de 4º da ESO
Cartel publicitario da entrevistaelaborado polas alumnas de 4º da ESO
Entrevistas a mulleres do Antigo Réximerealizadas polo alumnado de 4º da ESO