actividades Spin-off

Co gallo de fomentarmos a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a proposta de proxecto tivo como consecuencia directa a creación de actividades e tarefas alén dos obradoiros/exposicións do centro e das actividades do nivel de 4º ESO planificados inicialmente. Debido a que teñen como temática central a igualdade, as tarefas e actividades propostas para Anónim@s foron incluidas dentro da concretización anual do Plan de Igualdade do IES Valadares, así como dentro do Proxecto de Centro Invisible aos ollos.

O xermolo inicial deu en abrollar diferentes actividades spin-off continuadoras das liñas de traballo propostas. Recóllense deseguido estas actividades: