As mulleres en Roma

Para quen?

  • Alumnado de 4º ESO de Latín.

para que?

  • Indagaron sobre diferentes mulleres de Roma que destacaron en distintos ámbitos.
  • O obxectivo era que reflexionasen sobre a vida da muller nunha cultura diferente e anterior á nosa.

como?

  • Lecturas sobre a figura da muller romana. Dende o rapto das Sabinas, que marcou a fundación de Roma, as mulleres pariciparon activamente do que acontecía na súa época e a súa aportación foi esencial para converter Roma nun crisol da cultura occidental.
  • Reflexións sobre como de manera individual ou colectiva tomaron decisións e protagonizaron experiencias de nivel universal.
  • Traballo coa información: O proceso de investigación detívose en tres paradas:
      1. BUSCA DE INFORMACIÓN: cada alumno/a procurou recursos para topar información sobre o obxecto da investigación, seleccionando aquela información más relevante.
      2. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN: toda a información seleccionada foi recollida nun documento compartido onde cada un dos integrantes ía subindo a súa parte do traballo.
      3. COMUNICACIÓN DO COÑECEMENTO: O resultado final foi crear carteis en que se amosan os datos persoais, sociais ou profesionais máis relevantes de cada unha destas mulleres.
Mujeres de Roma.pdf