Esta edición presenta a versión íntegra da segunda parte do clásico de Lewis Carroll onde se narran as aventuras de Alicia e outros estraños personaxes no mundo máxico da Casa do Espello.
Unha cuidada obra interpretada polo lapis maxistral, imaxinativo e colorista do ilustrador francés Benjamin Lacombe . Ademais, inclúe unha sección final con algúns dos contos matemáticos de Lewis Carroll.
Benjamin Lacombe reinterpreta nesta obra a inesquecible historia de madama Butterfly e revélanos a voz inédita dun Pinkerton atormentado polos remorsos. Este libro de artista, adaptación do sublime drama romántico, alberga cegadores cadros ao óleo e trasládanos a un Xapón xa desaparecido, pero cuxos misterios permanecen intactos. No reverso das páxinas, encadernadas en forma de biombo, desprégase un delicado fresco realizado con debuxos en lapis e acuarela. Novo formato e cuberta en tea.