Novelas ilustradas

Sentido y sensibilidad

Jane Austen

A morte de Henry Dashwood deixa á súa esposa e ás súas tres fillas nunha difícil posición económica. A pesar de que o fillo do defunto prometeu coidar delas e axudalas no posible, a convivencia faise imposible e as Dashwood aceptan o xeneroso ofrecemento dun primo afastado para vivir na tranquila campiña de Devonshire. As fillas maiores, Elinor e Marianne, pronto se adaptan ao seu novo fogar e traban amizade cos seus veciños, aínda que Elinor non pode deixar de pensar en Edward Ferrars e Marianne déixase cativar polo aposto e encantador Willoughby...

  Los Miserables         Victor Hugo 

Ambientada na Francia do S XIX, esta historia chea de paixón, traizón, redención e sacrificio cóntanos a historia do exconvicto Jean Valjean, que tras escapar fuxe toda a súa vida do policía Javert. Pero cando se fai cargo da pequena Cosette, esta convértese no seu motivo para vivir… pero sen esquecer os seus principios. 

A novela examina os valores vixentes na sociedade francesa de mediados do século XIX e reflexiona sobre a natureza humana fronte á adversidade. Para iso, conta a historia dun expresidiario que desexa reformarse. 

Jane Eyre             Charlotte Bronte

De Jane Eyre (1847) adoitamos conservar a imaxe ultrarromántica dunha azarosa historia de amor entre unha institutriz pobre e o seu rico e impoñente patrón, todo no marco dunha fantasmagoría gótica. E esquecemos que Jane Eyre ten outras relacións, outras historias: episodios arrepiantes dunha infancia tan maltratada como rebelde, pasos de enfermidade e ardua aprendizaxe nun tétrico internado, estacións de penuria e renuncia na máis absoluta desolación física e moral, inesperados golpes de fortuna, e mesmo remansos de paz familiar e novas aínda que enganosas proposicións de matrimonio.