No Club de Novela Gráfica, tratouse de ver varios xéneros, cómic, novela gráfica, manga, banda deseñada, libro ilustrado, álbum. Por este motivo hai tanta variedade de lecturas, gustos e intereses, ó estilo do noso club composto por profesores e alumn@s.
Persépolis é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país. O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do xa de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.
O debuxante Art Spiegelman narra nesta obra a do seu pai Vladek Spiegelmann, xudeu polaco sobrevivente do holocausto e a complexa relación persoal existente entre ambos. O pai cóntalle o seu testemuño vital e as secuelas físicas e psíquicas que lle deixou o vivido. En Maus as caras dos personaxes son representadas como ratos (xudeus), gatos (alemáns), porcos (polacos), animais antropomórficos cargados de simbolismo (quizá nos lembre a Rebelión na Granxa de G. Orwell) .
Corría o verán en que Natsuru tiña once anos. Desde que rexeitou a unha compañeira de clase o día de San Valentín, as mozas do seu colexio non volveron a dirixirlle a palabra, e decidiron desde entón, ignorarlle por completo.
Pero xusto antes das vacacións, todo cambia. Suzumura, a moza máis alta da súa clase, de súpeto, fálalle. Ambos comezarán unha tenra relación de amizade, pero Natsuru pronto descubrirá que Suzumura esconde un terrible secreto.
O argumento de V de Vendetta inscríbese na tradición de novelas de sociedades futuristas e alienadas de 1984 de George Orwell e Farenheit 451 de Ray Bradbury.
Londres. Ano 1997. Rematada a III Guerra Mundial, Inglaterra converteuse nun estado fascista. Fai entón aparición un misterioso individuo enmascarado que atenta contra os axentes e os intereses do estado totalitario. A súa interacción cunha moza de 16 anos, rescatada por el, introdúcenos no seu escuro mundo. A máscara que leva evoca a Guy Fawkes, o católico insurxente que tentou voar o parlamento inglés a inicios do século XVII.
Jane Austen referiuse a Orgullo e prexuízo, a primeira das súas novelas publicadas, como o seu «querido neno». Conta a historia das cinco fillas da señora Bennett, que non ten outro obxectivo na súa vida que conseguir unha boa voda para todas elas. Dous ricos novos, o señor Bingley e o señor Darcy, aparecen no seu punto de mira e inmediatamente ven sinalados como posibles presas . De feito, a relación entre a filla maior, Jane, e o señor Bingley parece moi prometedora pero, por influencia do arrogante señor Darcy, frústranse todas as esperanzas. A intervención de Elizabeth, a segunda filla que é moi perspicaz, consciente do seu valor, rebelde e decidida, determinará o rumbo da novela.
Bea, é unha adolesente de Texas que está a da súa casa e atópase con Lou, una mecánica de 27 anos, que lida coa morte do seu pai. Tras un encontro fortuíto ambas inician un roteiro por Texas, no qu se ven asaltadas por circunstancias sorprendentes. Un misterioso gato súmase á viaxe, son perseguidas por dous ameazadores homes da Oficina de Asistencia en Estradas, e a paisaxe transfórmase nun mundo inquietante a medida que avanzan cara a unha cidade que non aparece nos mapas, pero tampouco fóra deles. Para manterse a salvo, Bea e Lou deben confiar a unha na outra mentres ven obrigadas a afrontar verdades soterradas durante demasiado tempo.
Roxín Roxal, é o protagonista da lenda medieval galega do Eume, que conta un tráxico suceso acontecido na coñecida Ponte do Porco, sobre o río Lambre. A narración está protagonizado por un doncel ao servizo de Don Nuno Freire de Andrade, tercer señor de Pontedeume, que se enamora da filla pero este obriga á rapaza a casar con outro home de maior rango. O esposo quere impresionala e invitaa a presenciar unha cacería de xabaril, pero el fuxe deixando que o animal mate á súa esposa, o día seguinte o porco apareceu morto na ponte con un puñal de prata que fora o que o Señor de Andrade lle regalara a Roxín Roxal.
Protagonizado por Emilio, un executivo de banco que é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alli aprende a vivir cos seus compañeiros e comproba as peculiaridades de cada un. O protagonista vaise penetrando nunha rutina de horarios fixos e actividades adaptadas.Veremos a súa loita por non perder a memoria e ser trasladado á última planta, nas súas loita contase´ con Miguel, o seu compañeiro de cuarto, cun caracter ben distinto do seu.
Nesta obra Paco Roca aborda temas como a demencia senil ou o Aleimer con moita sensibilidade e nun ton íntimo.
No verán de 1929 e a bordo do transatlántico Olympic atópase Federico Garcia Lorca. O seu destino é a colosal cidade de Nova York en 1929, coa lei seca imperante, a quebra da bolsa de Wall Street, e a súa propia angustia que lle acompaña desde o seu país natal, o poeta percorre as rúas da gran mazá, subindo a un restaurante de luxo nun piso 34, ou bailando nalgún antro perdido de Harlem. Lorca atopa nesta cidade a inspiración de protesta, un arrebato de loita que xurde nas súas adentros co que inunda este famoso poemario, Poeta en Nova York, do que este cómic toma o nome.