TESTEANDO
Testeando É unha web na que poderedes atopar un montón de xogos "tipo trivial" para todos os cursos de Primaria, ESO e Bacharelato, organizados por cursos, áreas ou materias, e dentro delas, por bloques temáticos (aínda que tamén existe a posibilidade de facer un test dunha área completa).
Algunhas das vantaxes que ten esta páxina sobre outras similares, son as seguintes:
1. As preguntas están axeitadas ao currículo de cada área para cada curso.
2. Pode xogar de xeito individual (comparando os teus resultados cos doutros), ou compartir partida con outros nenos (estean na clase ou non).
3. As partidas entre varios xogadores poden incluír ata 8 no mesmo ordenador (modo offline) e ata 36 en distintos ordenadores no xenial modo online. Non é necesario que a cree o profe, tamén poden crear eles as súas propias partidas.
4. No apartado "Ágora", podes entrar en partidas con outros xogadores anónimos.
5. Cada test pódese xogar en 14 modos diferentes (algúns deles son moi interesantes educativamente) en función do que se queira conseguir. Os meus favoritos son: "Secreta", "Memorión", "Empatía" e "Aposta Cega"
6. Pódese embeber os distintos test nun blog.
PASAPALABRA
JueduLand.
JueduLand. Xogos educativos on line, clasificados por áreas e temáticas. O seu autor tamén conta con un JueduLand Blog, eno que inclúe como novedade un listado de mási de 1000 ferranebtas web que podemos probar parcialmente ou usar completamente sin rexistrarnos.
Cerebreti
Cerebriti, un portal de xogos culturais con multitude de xogos creados polos propios usuarios. Podense atopar dende test básicos a outros máis sofisticados. Os xogos organizanse por temáticas e existe un sistema de puntuación global para facelos máis competitivos a modo de rede social; (ver máis)